Pois sí. Pódese calificar de traxedia , alomenos no campo semántico da linguaxe aviar, o que aconteceu no noso idílico marco coa irrupción dun novo elemento, mellor dito dous, interactuando cos personaxes iniciais desta historia.
Cando vives inmersa no xardín edénico, onde a vecindade especial que te arroupa colabora a fornecer a túa vida de momentos felices, sempre se dá o intercam-bio de galanos sinxelos, feitos dende a forxa da bono-mía…
Nunha tardiña de nenos pedichóns, os meus netos máis novos, deron en ir a pedirlle “algo” a Estebo, afeito a estas continxencias infantís; e el, que xa esgotara a re-mesa de productos curiosos tal que unha pataca con for-ma de lagarto, feixóns vermellos como moeda extra-terrestre, etc., regaloulle dúas preciosas pitiñas coa con-dición de que non reincidisen como esmolantes nunha tempada.
Eran dous exemplares dignos de ver, absolutamente primorosos, como tódolos productos e feitos aos que este veciño especial adica o seu tempo de lecer no merecido xúbilo.…
Unha destas pitiñas era branca esplendente, coma unha tella de neve contra o sol. Bico, patas minicresta… vermellos coma o sangue recente. Para poñela nun cadro.
A segunda, máis “de andar por casa”, pedresa coma calquera galiña pedresa, do país ou estranxeira: pedresa. Aínda que lucía unhas ráfagas laranxa-vermello que lle concedían un aire un tanto exótico. A ésta puxémoslle Juanita ( que non Xoaniña) pola disposición e descaro que manifestamente nos recordaba a outra Juanita do noso
imaxinario particular.
Á outra nin tempo houbo de baptizala, pois directa-mente deu en se suicidar no primeiro día do seu cambio de domicilio. Non se esclareceu realmente se o óbito foi voluntario ou accidental; o feito é que apareceu aboiando
nunha pequena piscina de plástico adquirida recente-mente para sofocar ardores ou experimentar no líquido elemento as trasneiradas que se respiran nas atmosferas infantís. Non quero crer que realmente fose un intento do meu anxiño por lle deprender natación á súa regalada pita, por en práctica algunha inicógnita metafísica ou meramente física… quen sabe!
A triste realidade é que a poliña branca de neve coma unha inmaculada concepción, sen nome nin apelidos,
finou, caput, morreu, acabouse, RIP, no paraíso aviar.
Entre tanto Juanita, de nome completo doña juanita la soltera (reminiscencias lorquinas…) íase convertendo nun membro máis da nosa familia: agabeábache ata o ombreiro, picoteábache na orella ou che escarabechaba o penteado sen ningún tipo de respecto ás máis elementais normas de convivencia. Apoleirábaseche no brazo coma se fose a súa alcoba de sempre. Apouchaba no teu van, no teu ombro ou na cabeza e deixábase transladar nesta posición mentras ti camiñabas, como fan algún loros adestrados… encheunos a todos deses pequenos e molestísimos piollos que se che inmiscuen por toda a túa anatomía percorréndoa de arriba abaixo de abaixo arriba e a contrafío.
Ás veces depositaba o que, naturalmente, expulsa o seu aparato excrector nalgunhas destas localizacións huma-noides… en fin, que a súa infancia e pubertade podémola cualificar como un periodo feliz, rodeada de agarimos, coidados, risas, atencións… estou segura de que se debeu sentir como unha especie de “niña prodigio de la escena”: unha Sirley Temple ou un Joselito “a la aldeana”.
O tempo, como é obriga súa, vai correndo; o verán e os días de “ vino y rosas” van dando paso aos fríos e as ausencias infantís; as longas xuntanzas ao aire libre recóllense ao acougo das interioridades; os corpos van adoptando volumes e formas máis ampulosas e a nosa Juanita vaise convertendo nunha ben formada e atractiva
poliña que cada vez vai precisando espacios vitais máis axeitados ás necesidades propias do paso do tempo e ao reclamo da carne xove que sente ao macho pero non o pode catar.
En canto á súa situación no ámbito social humano, estas transformacións engadidas a outras molestas circunstancias, tamén provocaron un cambio grande no seu status. Digamos que, o que antes era aceptado como simpáticas actitudes e costumes, cada vez caían menos simpáticas, como o feito de que os seus pequenos depó-sitos de viscoso e multiforme expulsión excremental ad-quire dimensións e localizacións (sempre diante da porta e debaixo do teu pé) que non contribúen á simpatía.
Todos acordamos que, dado que Juanita xa dera o salto “de niña a mujer”, era o momento propicio para a súa presentación en sociedade e que tivese un lugar axeitado no harén de don Camilo, demasiado galo para tan poucas galiñas.
Para abordar o seguinte tramo, preciso tomar aire de novo e tomar un café quentiño. Logo falamos.
¡¡¡¡HIJA MÍA!!!
ResponderEliminarYO SIEMPRE TE VI COMO UNA GALLINACEA, MANDANDO SIEMPRE, CONTROLANDO EL GALLINERO. Y NOSOTRAS PONIENDO HUEVOS EN DIAS ALTERNOS.MENOS MAL QUE SON DE GRAN CALIDAD.
Eclosionaronme os ovos polo traieito das trompadas dun Falopio. Tiven, de inquilinos das miñas entrañas, cinco galos que no transcurso do canal de parto, foron por mor da libertade convertindose en lobos
ResponderEliminar...cinco lobeznos ten unha loba, cinco lobos que ouban cando facemos escoba
¡Manda trompas de Falopio, o que é andar metaformoseando!