domingo, 20 de marzo de 2011

FILOSOFIA NO CURRAL


               Esta mañá, despois do almorzo, entretivemos o picoteo divagando  entre nós, as galiñas, sobre temas abstractos, xa que os concretos están sendo demasiado colosales e abrumadores para calquera ser pensante. Entre isto e aquilo, que se vai que se vén, fomos dar no tema ou na teima das grandes incógnitas filosóficas que, dalgún tempo aquí me veñen arrevoando o pensamento : a LIBERDADE.¿Existe nalgún lugar, ser, individuo, criatura, etc., etc. Realmente libre?... Que é ese concepto tan grandilocuente e vapuleado, traído e levado na bandeira de todo movemento liberador de corpos e almas?...
                 Recoñezo que para vós  este non é o tema máis axeitado para compartir coas galiñas porque, onde a liberdade das coitadas, sen espazo propio nin sequera para as máis elementais función do propio organismo?… Éche coma aquel que berraba, “libertá para as sardiñas en lata!”
                 Pero non. Non é este o caso, porque a liberdade  que nos detivemos a poñer no crisol das análises non é a referida ás cuestión  da materia (ou corpo, ou continente), senón da parte inmaterial do ente en sí, da chamada liberdade de pensamento que non vai suxeita a ningún tipo de control (ou sí?...)                          
                      Porque, calquera que se crea libre  por vivir nun país considerado libre e poder facer a propia vontade, pódese ver privado da facultade de movemento, da fala, da vista…,atoparse engaiolado nun soto, nun cárcere, e afundido en milleiros de posibilidades de empecemento para exercitar ese tan preciado ben..
                  Pero, señores míos y señoras de cualquier índole: o pensamento, o maxín, a caixa de elaborar ideas, o espíritu pensante, é libre, dentro de calquera situación na que se encontre o individuo… Ou non?...
                   Aquí as outras galiñas, que , efectivamente corroboraron a miña opinión, fanme observar que nunha inmensa mayoría dos seres”pensadores”, os pensamentos, as ideas (ideoloxías?) inculcadas polos que inventaron as verdades inamobibles están tan radicalmente gravadas nos esquemas mentais que non son quen de elaborar ideas propias e liberar as nocións conculcadas polos patróns ancestrais de cada cultura, relixión, sociedade …
                    A todo isto, DonCamilo, o galo, chitón! Nin media palabra. Como anda un pouco esfanado e sáelle o cántico de penita-pena, dis que ten que gardar a voz  e non opina. Nós sabemos a verdadeira causa, que non é outra que a pouca capacidade que o coitado tén para elaborar calquera cousa parecida a unha opinión, moito menos filosófica.
                  Tamén están os outros empecementos, coma os derivados da propia personalidade e as carencias ou complicacións psicosomáticas, sobre todo psico. E aquí falo con todo o coñecemneto de causa que me dá a miña personalidade de Marilyn, rea convicta da súa (miña) imposibilidade de liberarse dos pensamentos autodestructivos.
                 Dicía eu (Marilyn) que mália os meus fortes desexos de chegar a ser libre, autónoma, dona de mín, non lograba ser quen de acadar ese libre albedrío  que me resgatase da autotortura… Cheguei a afirmar e incluso a crer que, tal vez , somentes ao traverso do propio aniquilamento a LIBERDADE, en abstracto se faría realidade en mín.
                Neste punto, onde a profundidade do asunto nos estaba asulagando nun piélago perigoso, saltou a meniña de sete anos, tal vez a miña personalidade máis auténtica introducíndonos na maxia da súa capacidade máis válida: a FANTASÍA, según ela a chave de ouro para sentíreste LIBRE…
              Ai¡¡¡, se a realidade non me situase máis abondo do que me gustaría, ao pé mesmo da máscara da traxedia!
             Eu falando de liberdades, de corpos ou almas, convivindo coa irmá encadeada ao máis cruel e cruento dos cárceres, privada do máis mínimo atisbo desa liberdade que cada ser humano debería levar implícito en cada latexo de vida…
           Quero facerte partícipe, a ti que me comprendes, do sentimento que me embarga neste punto, e permíteme que cho transmita en castelá que é a lingua amiga desa persoa:



LA HERMANA DE PIEDRA

GUARDADA

En el sarcófago pétreo sin resquicio

de humanidad.

Las ventanas

cuando abiertas de par en par la luz

transgrede.

Cerradas sobre sí mismas armonizan

el instante infinito

que se cierne sobre la circunstancia

de lo irrecuperable.

En el beso,

la caricia de la sangre

aflora perfora enamora  elabora

la unción

La historia de amor.

Hermana

vestida escondida atrapada perdida

entre el granito del país

que te posee y poco a poco

te devora.

Amada pétrea

roca fuerte de nuestras marejadas

la ironía macabra

no podrá más que el amor

presente.

ELLA

En la bandeja de agua

sobre la liquidez

languidece húmedamente.

Se apaga su fatiga

disolviéndose en la arena

que va forjando

su estructura de paisaje.

Su escondite de ribera, de playa interminable,

la acoje.

inabarcable,

la luz del faro expandida

se bifurca y

en ambas direcciones

sucumbe.

1 comentario: