viernes, 11 de marzo de 2011

A GALIÑA TRIFÁSICA



                     Nesta “entrega” vou poñer un pouco de carne propia no asador dos acontecementos que directamente me incumben como suxeito activo e pasivo da miña persoal e intransferible traxectoria.
              Se estades ao tanto dos feitos ocurridos no meu eido cos meus conxéneres aviares, saberedes do estado de schok no que me asulagaron tralo desenlace fatal para a pitiña que morreu virxe e mártir, non catada polo macho, e, pola contra, asasinada.
              Plaxiando un pouquiño ao  Literato, puidose titular “El caso de la pollita asesinadita”. Pero a cousa non dá para chistes. Pasou! E o que pasou, pasou! E a feitos consumados non lles remendes as tripas.
               Agora sí,  ti cres que a miña estabilidade emocional retomou a súa liña de flote?... Trato de seguir os sabios consellos de Chopra, de Ricard, Krishnamurti e outros gurús arranxacocos que andan ao meu redor tentando darlle corda ao reloxio da conformidade Zen. Tento incorporar ao meu disco duro as novas situación de forma intelixente, isto é, recompoñendo as estructuras do susodito, adaptándome ás circunstancias sen permitir que as mentadas me envolvan na súas redes de cazar gorilas. Aplicando os principios da “plasticidade cerebral” póñome en marcha ao tempo que emprendo a tarefa de reeducar as malas inclinacións que dominan este meu galiñeiro .
                 Terapia de contacto. Xa sabes: “hable con ella” , neste caso con elas. Escoita as súas razón, os seus sentimentos. Comprende!...  Utiliza os diccionarios axeitados, os códigos lingüísticos apropiados para descifrar as diferencias de lenguaxes…Deprende! Deprende dos demáis, escóitaos!... Ai que fermosos discursos…
             A  forza de tempo e calmiña, os diálogos e terapias mutuas causaron os seus efectos, e teño que recoñecer que nestes intercambios, eu, como galiña e como persoa estou adquirindo tanto coñecemento como se tivese feito un doutoramento en Ciencias de la Comunicación y Humanidades dun tiro.
             Canto saber se acugula ao traverso destas conversas de curral!...
              Eu non o sabía (intuía, iso si) pero as tías (refíronme ás galiñas nunha linguaxe coloquial) as tías saben de todo, entéranse de todo, están ao tanto de canto vai acontecendo no cosmos . Que pasada!
                Non podo dicir o mesmo de D. Camilo. O coitado ten un aquel de envarado empaque, e presume tanto dos seus atributos
que está sempre ou en actitude de conquista ou en pose para desfilar “por la alfombra roja”:  Cabeza ergueita, levemente ladeada, ollo divagante cara ao infinito, peito abombado como exhibindo bíceps, tríceps, abdominais… pata recollida en actitude indecisa…, e, ao sentirse observado (sempre pendiente do público) espétache ese cántico, entre corridiño e fado nun acendrado sutaque do portugués miñoto que é o único que vos pode inducir a pensar que ten algo aproveitable, porque o que é sentidiño: ningún!
                 Volvendo ao noso Foro, tratamos o tema da pita juanita ( que non xoaniña) e confesáronme que o asunto tíñaselle ido das mans (bueno, ou das ás, ou das asas ou das plumas…) e rogáronme que se lles concedese a facultade do arrependemento  .
                  Aínda que unha non quedou moi convencida da súa sinceridade, eu dei por rematado o choio e endosámolo no arquivo, no soto dos arquivos e, pola miña beira, eu paso páxina. Todos/as cometemos erros.
              O que está a suceder co paso dos días en contacto, é o nacemento dunha nova relación, moitísimo máis estreita e profunda entre nosoutras.
              Cando me posúe Marilyn gústame sentirme arrolada por boa música de jazz: poño na radio unha emisora portuguesa que me solprende coas pezas máis engaioladoras dos clásicos de tódolos tempos e fan as delicias ata dunha galiña minimamente melómana.
               Pouco a pouco somos capaces de notar esa soave brisa que estremece as fibras íntimas dos goces purísimos: a nena, a galiña e Marilyn en comunión místico-sensitiva coas miñas galiñas sen nome. Ao día seguinte, os dous ovos morenos, dourados e morfoloxicamente perfectos teñen sabor a titubeantes xadeos de saxo, a susurros roncos de contrabaixo ou ao xemer arrastado  dun piano adormecendo baixo as caricias, os beixos dactilares do ritmo…
              Como diría o meu querido Doutor en Linguas Clásicas, o egrexio J.B. no seu “Festín de Homero” ( La Lógica del Mito), o mito e a razón teñen uns límites pouco definidos, eu diría que cohabitan en relación incestuosa e gracias a iso podemos disfrutar da nosa fantasía e levala como bandeira da única realidade que paga a pena ser vivida…
             De calqueira maneira, e como colofón desta conversa, dicirche que, hoxe en día, as máis profundas e “científicas” cuestións sobre o pensamento e os feitos da Historia Universal da humanidade e do universo, estou tendo ocasión de discutilas e disfrutalas neste meu curral do que che irei descubrindo novos episodios, se ti queres.
             Outro café, porfa.

2 comentarios: